ConcellosQuirogaÚltima horaVídeos

Quiroga celebra a festividade de San Martiño con cultos, música e un concorrido magosto na praza Maior

 

A cidade de Ourense, Viloira (O Barco) ou Quiroga (Lugo) son algunhas das localidades galegas que hoxe, luns 11 de novembro, honraban ao seu patrón, celebrando a festividade de San Martiño.

 

 

Nesta úlitma, os actos comezaban pola mañá cos actos relixiosos (misa e procesión) así como unha alborada.  E xa pola tarde na praza Maior, cuberta case na súa totalidade por unha carpa aínda que non chovía, houbo xogos infantís e a partir das 19 horas o tradicional magosto popular, con centos de quilos de castañas asadas e viño novo, ademais de baile amenizado polo grupo de gaitas O Recanto e Dj Michel.

 

 

Coma sempre foron moitos os veciños que se achegaron ata o lugar, para pasar un bo rato e de paso degustar as suculentas castañas recén asadas. Entre eles non faltaron membros da corporación municipal co alcalde, José Luis Rivera, á cabeza.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button