ConcellosQuirogaÚltima horaVídeos

Quiroga festexa con entrega de premios, música tradicional e teatro as Letras Galegas

 

Coa tradicional recepción aos colectivos culturais do municipio e a entrega de premios aos ganadores do certame de narración e debuxo das Letras Galegas comezaban no Concello de Quiroga o actos para conmemorar este 17 de maio.

 

 

Nesta xornada non faltaba tampouco a música tradicional que viña da man do grupo de gaitas “O Recanto”, que actuaba diante da casa consistorial unha vez concluía a recepción, tocando ao final o himno galego.

 

 

Pola tarde, a partir das 20h. na Casa da Cultura representarase a obra de teatro infantil “Unha de Piratas”, a cargo da Asociación Cultural Os Carballiños. Trátase dun espectáculo de cancións, teatro e monicreques no que o protagonista, un neno ao que lle gustan as aventuras e que acabará descubrindo que o seu maior tesouro son os seus libros e a súa imaxinación. Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura que ofrecen as bibliotecas públicas, “Ler conta Moito”.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button