ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga prepárase para celebrar o San Martiño, patrón da vila

A castañas asadas serás as protagonistas a partir das sete da tarde no magosto popular na praza

Magosto en Quiroga o ano pasado.

 

A comisión encargada da organización dos festexos no concello de Quiroga vén de reunirse para perfilar o programa de actos para conmemorar o San Martiño, patrón da vila, que comezará, o venres día 11 ás once da mañá, cunha alborada a cargo do grupo Ventosiño dos Xograres de Lemos e a celebración do Día da Bicicleta.

Ás doce do mediodía será o momento dos actos relixiosos. Misa solemne e procesión, se o tempo o permite, na que o santo homenaxeado percorrerá a zona da praza Maior, lugar no que se desenvolverán a partir dese momento todos os actos programados para a xornada de festa local en Quiroga. Ás 13:15 horas o grupo Ventosiño dos Xograres de Lemos actuará no recinto da praza Maior, e a partir das 16 horas haberá xogos populares para os máis pequenos.

 

 

Con todo, o acto central da xornada comezará ás sete da tarde co magosto  populas. Asaranse castañas para que todos os asistentes as poidan degustar acompañadas de viño novo e tampouco faltará a música que correrá por conta do dúo Eclipse.

Ademais, haberá un último acto da festividade do San Martiño o domingo día 13. O Auditorio Municipal acollerá a partir das 18 horas a actuación teatral ‘As alumnas’, obra dirixida por Fina Calleja que conta co patrocinio das Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Artigos relacionados

Back to top button