ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga rende culto ao seu patrón, San Martiño

Pola mañá celebrábase a procesión e a misa na honra do santo

 

Quiroga celebra hoxe o día do San Martiño, patrón da vila, co viño novo e as castañas como protagonistas. Ás doce do mediodía foi o momento dos actos relixiosos: Misa solemne e procesión. Sería este o acto máis institucional pois puidemos ver á corporación municipal encabezada polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, que  portaba o bastón de mando. A comitiva acompañando ao santo homenaxeado recorrería a zona da praza Maior.

Pola tarde, a partir das catro, continuaban os actos programados para os máis pequenos, diversión coa recuperación de xogos populares e xa a partir das sete da tarde será a hora na que cobren protagonismo as castañas. Asaranse castañas para que todos os asistentes as poidan degustar acompañadas de viño novo. Tampouco faltará a música nesta noite da que se encargará o dúo Eclipse.

 

Procesión coa imaxe de San Martiño, en Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button