CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

“Radio bule bule”, singular cita coa música en galego e o humor en Quiroga

Esta espectáculo poderá verse o vindeiro sábado ás 20h. na Casa da Cultura desta vila

Un dos momentos do espectáculo “Radio Bule Bule”./ Foto: A.R.

 

A Casa da Cultura de Quiroga acollerá o vindeiro sábado 11 de setembro unha singular proposta para o público infanti. A  partir das 20h. o músico Paco Nogueiras presentará o seu espectáculo “Radio bule bule”.

A entrada será de balde, como xa é habitual na programación do Concello de Quiroga que, deste xeito, quere “facilitar a participación de veciñas e veciños na programación cultural”.

Esta actividade forma parte do programa “Ler conta moito” a través do que se desenvolven actividades de dinamización lectora nas biblioteca que están integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia e que cofinancia a Consellería de Cultura e os concellos participantes.

Para o desenvolvemento desta función, o Concello de Quiroga aplicará as medidas de seguridade vixentes, limitando o aforo do salón de actos da Casa da Cultura e poñendo xel desinfectante a disposición dos participantes que obrigatoriamente deberán usar máscara, tal e como se informa dende esta administración local.

 

Artigos relacionados

Back to top button