ConcellosÚltima hora

“Radio Bulebule” sintonízase na Biblioteca do Barco

Este singular espectáculo de Paco Nogueiras terá lugar o 12 de setembro ás 18:30h.

 

Cita coa “radio máis musical e falangueira” este vindeiro xoves 12 de setembro na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco dentro do programa “Ler Conta moito”. A partires das 18:30h. o cantante Paco Nogueiras despregará o seu espectáculo “Radio Bulebule”, dirixido a público familiar.

Esta nova proposta musical de Nogueiras chega tras o éxito do seu anterior proxecto “Brinca vai!” (III Premio Martín Códax da Música infantil).

 

Artigos relacionados

Back to top button