ConcellosÚltima hora

Ramirás festexa a X Noite de Fiadeiro o 28 de maio

O cartaz foi realizado pola cooperativa artística ourensá Cestola na Cachola.
O cartaz foi realizado pola cooperativa artística ourensá Cestola na Cachola.

O Concello de Ramirás acolle o vindeiro sábado 28 de maio a celebración da décima edición da Noite de Fiadeiro, unha festa que nacía en 2007 coa intención de recuperar a esencia dos antigos fiadeiros da comarca. Emulando aquelas reunións festivas de mozos que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, a programación inclúe un amplo repertorio de actividades para todas as idades, con obradoiros, proxeccións, teatro de rúa, animacións, xogos ou concertos.

Tampouco faltará a tradicional mostra de aresanía e gastronomía con ducias de postos e tamén se organiza o Fiadeiro Cativo, un evento no que participarán varias escolas de música tradicional. Isto vén a pór en valor o que fan os máis cativos durante todo o ano.

Participarán un total de 33 coletivos das actro provincias galegas, coa asistencia de máis de 300 persoas, dos cales 45 son nenos. Na feira haberá uns 30 postos e en total haberá 10 horas de música ininterrompida.

Esta festa está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co patrocinio do Concello de Ramirás, da Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia, Socitransa e a Produtora Claqueta Coqueta. Tamén conta coa colaboración de diferentes entidades e empresas.

O cartaz desta edición foi realizado pola cooperativa artística ourensá Cestola na Cachola.

A programación para a xornada do 28 de maio é a que segue:

  • 11 a 12:30h – Obradoiro “O baile en seráns, fiadeiros ou romarías”, impartido por Alexandre Sotelino.
  • 12:30h – Proxección documental “O liño: arte e cultura”, dirixido por Xosé M. Felpeto.
  • 13h – Pasabares e sesión vermú
  • 17h – apertura da feira de produtos artesáns e gastronómicos con mostra de oficios artesáns, animación de rúa, xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo, enredos e brinquedos e xogos cooperativos.
  • 18h – Obradoiro de coiro para nenos con Laura Durán.
  • 18:30h – Concerto da Banda Municipal de Música de Ramirás.
  • 19h – Teatro de rúa con Arunrun.
  • 19:30h – Pasarrúas de xigantes e cabezudos.
  • 20h – Fiadeiro Cativo, con escolas de música tradicional.
  • 21h – X Noite de Fiadeiro.
  • 24h – Queimada.

Artigos relacionados

Back to top button