PolíticaÚltima hora

Raquel Méndez, reelixida como candidata do PSdeG á alcaldía de Rubiá

Raquel Méndez, candidata socialista á alcaldía de Rubiá.

 

O PSdeG-PSOE volve a elixir, por segunda vez, a Raquel Méndez Ramos como candidata á alcaldía de Rubiá nas vindeiras eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio.

A candidata socialista sinala que se presenta as eleccións “con toda a ilusión para cambiar un concello totalmente abandonado polas políticas do Partido Popular e do seu alcalde, que leva 20 anos á fronte do mesmo”, e márcase como principal obxectivo “gañar as eleccións para darlle un cambio urxente a un municipio totalmente desleixado”.

Tras conseguir aumentar a representación nos comicios electorais de 2019, nos que se alcanzaron os 4 concelleiros, o obxectivo agora “é volver sumar para chegar o 5º concelleiro e poder darlle a Rubiá o goberno municipal que tanto precisa”. Méndez Ramos pon o foco na necesidade de “rematar con vinte anos de retroceso no noso municipio” e explica que en Rubiá “temos obras inacabadas, porque empezan mal e acaban mal, temos uns servizos sociais nos que precisamos persoal e temos un municipio no que ningunha administración mira pola veciñanza”. Ante esta situación, a candidata socialista destaca que dende o PSdeG-PSOE “imos darlle a Rubiá o cambio que tanto precisa e axudar a nosa veciñanza”.

 

Artigos relacionados

Back to top button