
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) vén de informar que dende hai aproximadamente unha hora volve estar aberta ao tráfico a autoestrada A-52 na provincia de Ourense, tras o corte en Verín e na Gudiña que se producía esta tarde por mor do incendio forestal que afecta á Verín.
Aínda así, a DXT advirte de que debe circularse con precaución debido ao fume en Verín e na Gudiña.
Este incendio forestal xa afecta a unhas 550 hectáreas, segundo a última actualización de datos da Consellería do Medio Rural.