ConcellosO BarcoÚltima hora

Reabre a Oficina de Turismo do Barco

 

Despois de meses sen funcionar, nesta semana vén de reabrir as súas portas a Oficina de Turismo do Barco, situada na entrada á Praza de Abastos dende a rúa Marcelino Suárez. Este servizo recupérase cun contrato temporal de seis meses para poder garantir a atención turística de cara ao verán, segundo indica o concelleiro de Turismo do Barco, Eladio Santos.

 

 

“É unha oficina que fixo un labor brutal para dinamizar o turismo no concello do Barco, temos agora o plan de sostibildiade turística no que estamos traballando e decidimos que había que abrila ata que se fose capaces de sacar a praza para o técnico de turismo a concurso. Pensamos que non podíamos pasar o verán cunha oficina pechada e fixemos un contrato de servizos temporal para que estivera aberta, para dinamizar, para contactar coas empresas, para impulsar as actividades turísticas, para difundir información en redes do Barco e da comarca. Pensamos que era algo imprescindible e a percepción do servizo que tiña a xente era moi positivo”, explica o edil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button