SanidadeÚltima hora

Reactívanse os prazos de presentación de proxectos innovadores para desenvolver no Living Lab de Ourense

A participación está aberta a iniciativas de carácter innovador, xa sexan produtos ou servizos, ou procesos do sector sanitario e biomédico, así como no sector da alimentación, TIC, electrónico ou a robótica

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Vén de retomarse a convocatoria da Consellería de Sanidade para a presentación de ofertas de empresas innovadoras e de novas tecnoloxías a desenvolver no Living Lab do Hospital Universitario de Ourense, conectando ao tecido productivo e empresarial galego dos sectores máis innovadores co sistema sanitario público, co fin de desenvolver conxuntamente iniciativas que poidan mellorar a asistencia, e a atención sanitaria á cidadanía.

A participación está aberta a iniciativas de carácter innovador, xa sexan produtos ou servizos, ou procesos do sector sanitario e biomédico, así como no sector da alimentación, TIC, electrónico ou a robótica.

Esta convocatoria publicouse no DOG o 13 de marzo, xusto un día antes da declaración do estado de alarma pola pandemia, polo que quedou en suspenso ata agora. Polo que as empresas ou emprendedores que queiran poñer en marcha proxectos innovadores para dar resposta a necesidades de saúde, terán tres meses, a partir de agora para presentarse.

Con esta convocatoria faise un chamamento a entidades, universidades, centros de investigación, empresas, emprendedores ou calquera organismo do sector da biomedicina e a biotecnoloxía que teñar unha idea, un produto ou un proxecto en resposta a necesidades reais, detectadas no sistema de saúde, na calidade de vida dos doentes, a mellora das condicións do seu ingreso, rehabilitación ou convalecencia.

Un dos poucos Laboratorios europeos do sector saúde

O Living Lab de Ourense, é un verdadeiro Laboratorio de Investigación Asistencial en Contorna Real. Ademais de diferentes áreas en todo o centro, seu punto central é unidade de hospitalización innovadora, na sétima planta do novo Edificio de Hospitalización, que desde a próxima semana recupera a súa actividade e ingresos, dentro do plan de reactivación hospitalaria, polo que volverá a desenvolver os proxectos en marcha con novos ingresos.

Todas as iniciativas seleccionadas mediante a convocatoria poderán ser testadas no Hospital Universitario de Ourense, por profesionais sanitarios reais, pacientes reais e nun hospital docente con actividade continuada e extensiva, o que supón unha oportunidade dificilmente igualable, de feito, a nivel europeo, existe un reducidísimo número de Living Lab no sector saúde.

 

Artigos relacionados

Back to top button