CulturaCultura

A Real Filharmonía de Galicia vén a Ourense para o seu “Concerto das Letras”

O espectáculo será no Auditorio Municipal, no que tamén se estreará a obra “Formigas”, baseada nun texto de “A galiña azul” de Carlos Casares
A Real Filharmonía de Galicia estará baixo a batuta de Zumalave.

A Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer mañá, 16 de maio, un concerto en Ourense para conmemorar Día das Letras Galegas. O recital será no Auditorio Municipal de Ourense, ás 20:30 horas. A entrada ao evento é totalmente gratuíta e promovidas polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Ourense. O encargado de levar a batuta é o director asociado da RFG, o mestre compostelán Maximino Zumalave; e contarase coas voces do Coro Xove da Orquestra Sinfónica de Galicia, que dirixe Daniel García Artés.

Os concertos comezarán coa popular “Alborada” do compositor galego Pascual Veiga e “Lonxe da terriña” do lucense Juan Montes, ámbalas obras arranxadas polo vigués Juan Durán. De seguido a orquestra tocará “Suite sobre cantos populares gallegos” do compositor catalán Enrique Granados. E logo o público poderá gozar con varios fragmentos de “Cantata das cantigas” de Rogelio Groba.

O concerto concluirá coa estrea da obra “Formiga”, do compositor lucense Rubén Vizcaíno, escrita sobre un texto do libro “A galiña azul” de Carlos Casares por encargo do Consello da Cultura Galega.

A coral de Rada será a encargada de pechar o acto coa interpretación do himno galego.

Artigos relacionados

Back to top button