ConcellosÚltima hora

A realidade saharaui, nunha charla informativa o 11 de outubro en Manzaneda

Cartel desta charla.

O local da Asociación Cultural A Rebusca de Manzaneda, situado no pavillón polideportivo da vila, acollerá o mércores 11 de outubro ás 19:30h. unha charla informativa sobre os refuxiados saharauis e o programa denominado “Vacacións en paz”.

Representantes da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui achegaranse ata este concello do oriente ourensán para dar a coñecer a realidade deste pobo. “Informarán tamén sobre o programa de acollida de nenos e nenas saharauis no verán e sobre viaxes que se poden facer aos campamentos se refuxiad@s”, explican dende a Asociación A Rebusca, que convida a asistir a esta actividade informativa.

Artigos relacionados

Back to top button