CulturaCulturaÚltima hora

Reanúdase o ciclo de lecer “Xoves de Terraceo”, na praza Doutor Paz de Trives

O humorista Xan Veiga actuará este xoves 12 de agosto ás 22h.

Xan Veiga./ Cedida.

 

Os establecementos de Trives O Boliche e A Cantina do Catro presentan un novo cartel para este mes de agosto con tres actuacións programadas para os xoves 12, 19 e 26 na rúa Doutor Paz. Por ese escenario pasarán estes días o humorista Xan Veiga (día 12), o músico Dani Barreiro (día 19) e o DJ Rafa (día 26). Humor, música e guateque para completar un mes de agosto na vila trivesa.

Das terras de Arzúa chega este xoves 12 o humorista Xan Veiga co seu espectáculo “Que anos aqueles!”. Este humorista estivo no Luar da TVG máis de sete anos contando contos e chistes co cal a experiencia e recursos para facer rir non lle faltan. Dende hai uns anos arrimoulle experiencias e anécdotas á súa vivencia persoal e creou este texto que resulta unha simpática e retranqueira volta aos 80. Será un monólogo “Made in Galicia” no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera, unha especie de Balbino actualizado.

Nas terrazas da Praza Doutor Paz cumprirase co aforo permitido e respectaranse as medidas sanitarias que impoñen os protocolos anticovid.

 

Artigos relacionados

Back to top button