Aproveitando o sol que loce nesta xornada, vén de reaparecer na beira do río Sil, ao seu paso polo Barco, o exemplar de sapoconcho que comezaba a verse o pasado ano nas proximidades da zona vella da vila.
Así a fotografaba esta mañá unha persoa que paseaba polo lugar e que nos comentaba que esta tartaruga “xa sae a tomar o sol polo Pozo do Lor e con algún curioso espectador”, tal e como tamén pode comprobarse nestas imaxes.
O noso agradecemento dende estas liñas pola cesión destas fotos para poder compartilas no noso periódico dixital.
Fotos cedidas.