Flores, perfumes, roupa deportiva e de vestir, telefonía móbil e ata mobles. Son algúns dos artigos que ao longo deste vernes 11 de xuño, se venderon a prezo reducido na xornada de “Descontos na Rúa”. A diferenza doutras edicións, nas que se facían as promocións entre oito a doce da noite, nesta ocasión programáronse para toda a xornada, dende a apertura ata o peche, que se retrasa ata as nove da noite para non interferir na actividade dos negocios de hostalaría que teñen restricións no horario de peche.
Así, un total de nove establecementos, de diferentes sectores, participaban nesta sexta edición da campaña promovida por AEVA en colaboración co Concello da Rúa, co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes e ofertar un avance das rebaixas de verán. Arnaveca Comunicación, Muebles de la Fuente, Resto Colchón, Fíos, Confecciones Rosendo, Agrival, Perfumería Compostela, Deportes Aris e Mercería Raquel.
Os clientes que fagan as súas compras durante esta xornada poderán participar no sorteo dun vale de compra para cambiar na tenda que entregou o premio.
Fotos: Mónica G. Bellver.