ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Recepción da Garda Real no Concello do Barco

O alcalde recibía ao capitán Fernández e ao cabo maior Fernández Gay

No mediodía do 18 de maio tiña lugar no Concello do Barco o acto oficial de recepción da Garda Real, que estará na vila ata o vindeiro 20 de maio. O alcalde barquense, Alfredo García, recibía no seu despacho ao capitán Fernández e ao cabo maio Fernández Gay. O rexedor interesábame por como están sendo as actividades que están a realizar na vila, como son as visitas a colexios de Valdeorras, e dáballe a benvida ao “Barco máis grande do mundo”.

De seguido tiña lugar un intercambio de agasallos entre o Concello e os representantes da Garda Real. Nesta visita ao Barco participan uns 60 membros da Garda Real. Dentro do programa de actos que desenvolverán destaca un pasarrúas que se celebrará a partir de las seis de la tarde do venres 18 de maio no Paseo do Malecón.

Os integrantes desta unidade reuniranse na rúa Pescadores, precedidos de membros da sección de motos e camiñarán en formación polo Malecón ata a rotonda, onde se incorporarán 8 cabalos para acceder á explanada do campo da festa, onde se fará a exhibición.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button