OurenseÚltima hora

Recepción en Ourense ao subcampión do mundo en 4×100 e 4×400 metros lisos FEDDI

Martín Fernández recibía os parabéns por parte do delegado da Xunta Gabriel Alén

 

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibía na mañá deste mércores 23 de xuño a Martín Fernández, subcampión do mundo en 4×100 e en 4×400 metros lisos FEDDI (Federación Española de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual).

Gabriel Alén trasladoulle as felicitacións e parabéns de toda a sociedade galega polos resultados acadados, e animouno a seguir competindo, “como un exercicio de superación permanente que ven avalado polo esforzo e o traballo deportivo individual e de equipo”, sinalou o delegado territorial, quen engadiu, “ademais da honra e orgullo de levar o nome de Ourense e de Galicia polo mundo enteiro”.

Artigos relacionados

Back to top button