A RúaConcellosÚltima hora

Recepción oficial á expedición ruesa no salón magno do ‘Ayuntamiento de Almendralejo’

O VI Reto Solidario 'Quen non arrisca, non vive', unirá as dúas localidades irmandadas en tan só dúas etapas

 

Tras catro días de feira, na xornada deste venres 28 de marzo clausurábase en Almendralejo a XXIV edición de Iberovinac, o Salón do Viño e a Oliva de Estremadura, no que estiveron representados, cun stand propio, o Concello da Rúa, o C.R.D.O. Valdeorras e a Ruta do Viño de Valdeorras.

Nesta xornada tiña tamén lugar a recepción oficial é expedición ruesa (entre os que se atopan as conselleiras socialistas Ana Fernández e Mari Carmen Álvarez, e os populares Álvaro Fernández, Raúl Yáñez e Joana), no salón magno do Ayuntamiento de Almendralejo.

 

 

Ademais, tal como publica Radio Comarca de Barrios, o almendralejense Pedro Hierro e a concelleira de Deportes, Carolina Prezado, mantiñan na tarde de onte un encontro coa primeira tenente alcalde do Concello da Rúa, Ana Fernández Vizcaya e integrantes do equipo de goberno, durante o cal “puideron charlar e promocionar o VI Reto Solidario ‘Quen non arrisca, non vive’, que unirá as dúas localidades hermanadas en tan só dúas etapas”, aseguran.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button