A praza do Concello de Barco acollía esta mañá un novo acto de recollida de sinaturas da campaña “Queremos tren. Por unha rede ferroviaria galega de calidade”, que vén realizando o BNG. Con ela buscan o apoio da cidadanía para “reivindicar, unha rede ferroviaria galega de calidade, con horarios e prezos adecuados, e para denunciar o abandono de Valdeorras con respecto ao tren”.
Nesta mesa de recollida de sinaturas estaban o responsable comarcal do BNG en Valdeorras, Roberto Quiroga, acompañado polos concelleiros no Barco e na Rúa, Suso Vilasánchez e Avelino Fernández, respectivamente, así como pola deputada do BNG no Parlamento galego, María G. Albert.
Fotos: A.R./cedidas.