Continúa a campaña de recollida de sinaturas que o BNG vén de poñer en marcha baixo o lema “Queremos tren! Non ao abandono de Valdeorras!”. Comezaba o luns no Barco e na mañá deste mércores 30 de marzo chegaba á Rúa, para reivindicar “unha rede ferroviaria galega de calidade”.
A mesa de sinaturas, pola que está a pasar moita xente, estará instalada ao longo desta mañá na praza José Antonio Míguez. Nela estaban o responsable comarcal do BNG en Valdeorras, Roberto Quiroga, acompañado pola deputada do BNG no Parlamento de Galicia e portavoz nacionalista no Concello da Rúa, María G. Albert e o concelleiro Avelino Fernández.
Fotos: Mónica G. Bellver