SanidadeÚltima hora

Recomendacións de Sanidade para aplicar nestas datas de Nadal

 

A Consellería de Sanidade vén de facer público un documento aprobado polo Subcomité clínico (que fai seguemento en Galicia da pandemia do Covid-19) que inclúe unha serie de recomendacións e medidas preventivas para aplicar nestas datas de Nadal. Nel lémbrase que “na actualidade segue existindo unha situación de crise sanitaria pola pandemia polo novo coronavirus SARS-CoV-2” e que segue “sendo necesario aplicar o deber de cautela e protección, polo que todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade Covid-19, así como a propia exposición aos ditos riscos”.

Neste senso, neste documento establécense as seguintes recomendacións, insistindo en que “a  forma óptima de previr a transmisión é usar unha combinación detodas as medidas preventivas”:

1.- USO DE MÁSCARA: “lévaa sempre posta e ben colocada, e quítaa só nomomento de comer e beber. Cámbiaa coa frecuencia axeitada e cando se deteriora”, di o documento.

2. MANTÉN DISTANCIA: “na medida do posible procura manter a distancia de seguridade recomendada; organiza adecuadamente o espazo dispoñible”.

3. VENTILA OS ESPAZOS INTERIORES: “é fundamental aplicarmedidas decorrecta ventilación nos espazos pechados onde van a ter lugar as reunións.

4. HIXIENE: “non te olvides do lavado de mans e da etiqueta respiratoria(normas correctas ao tusir ou esbirrar)”

5. TER “especial coidado coas persoas vulnerables da túa contorna”.

6. AGRUPACIÓNS LIMITADAS: aconséllase que as celebracións se limiten aun máximo de dúas unidades de convivencia (entendo por unidade deconvivencia as persoas que conviven habitualmente no mesmo domicilio).

7. AGRUPACIÓNS CONSTANTES: debe manterse o mesmo núcleo social ou familiar durante todas as festas limitando as visitas a múltiples domicilios.

8. CENTROS SOCIOSANITARIOS:

8.1 As persoas residentes en centros sociosanitarios, que saian durante estas festas, deben realizar á volta unha proba diagnóstica cando: a saída dure máis de 24 horas no caso de non estar vacinadas, a saída dure máis de 48 horas no caso de estar vacinadas. É importante controlar os síntomas durante as 48-72 horas tras o regreso aos centros. As familias deben comunicar con urxencia a aparición de casos positivos no núcleo onde estiveron estas persoas fóra da residencia.

8.2 Aos profesionais que traballan nestes centros se lle realizará semanalmente un cribado con PCR en saliva, intercalando con test de antíxenos.

9. Por suposto recoméndase completar ou iniciar a pauta de VACINACIÓN.

Recomendacións de Sanidade para asegurar unha boa ventilación nos domicilios

– Que a ventilación sexa continúa, distribuída e cruzada, é dicir, abrindo portase/ou xanelas opostas de maneira que se facilite a renovación total do aire da estancia. A ventilación é aínda mellor se están opostas en diagonal. Esta ventilación é más efectiva que a apertura nun solo lado e por tanto preferible.

– É preferible, en lugar de abrir totalmente unha xanela, repartir a mesma apertura entre o maior número de puntos. Comprobouse que se pode ventilar adecuadamente con aperturas parciais.

– Canto máis tempo estean as xanelas abertas e con maior frecuencia, mellor será a renovación do aire.

Artigos relacionados

Back to top button