En portadaÚltima hora

Recoñecemento ás AVPC polo labor durante o incendio deste verán nas comarcas de Valdeorras e Verín

A homenaxe tiña lugar no marco da VI Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil celebrada onte na cidade de Ourense

Voluntarios das agrupacións de Protección Civil que colaboraron na extinción do incendio de Valdeorras.

 

No marco da VI Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil celebrada onte na cidade de Ourense, houbo un acto de recoñecemento ao labor feito polas AVPC da provincia de Ourense, durante a vaga de incendios forestais deste verán de 2022. Unha homenaxe polo traballo feito polas agrupacións de voluntarios de Protección Civil de toda a provincia que realizaron preto de 150 operativos durante esta crise, especialmente sensible nas comarcas de Valdeorras e Verín.

Valdeorras era a primeira en recoller o ‘obsequio da Xornada’ entregado polo director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva aos representantes das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil do Barco de Valdeorras, do Bolo, de Larouco, de Manzaneda, de Petín, da Rúa, de San Xoán de Río, da Veiga, de Cortegada, do Pereiro de Aguiar, de Maceda, da Mancomunidade Terra de Celanova e de Parada de Sil.

Despois tocáballe o turno á comarca de Verín, sendo o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, quen entregaba o obsequio aos representantes das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Verín, de Riós, de Vilardevós, de Cualedro-Monterrei, da Gudiña, de Laza e de Viana do Bolo.

 

Voluntarios das agrupacións que colaboraron na extinción do incendio da comarca de Verín.

 

Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button