EconomíaEconomíaÚltima hora

‘Recuncho de sabores’ en 29 establecementos do Barco e A Rúa no III Gastromímate de AEVA

A campaña está en marcha hoxe pola tarde e mañá pola mañá

 

Dende as 18:30 horas deste venres 13 de outubro está en marcha a III edición de Gastromímate, unha iniciativa de AEVA para poñer en valor a gastronomía valdeorresa con especial énfase na maridanza cos viños da Denominación de Orixe.

 

 

As empresas participantes, que estarán identificadas cun cartel, disporán na tarde de hoxe e na mañá do sábado (a partires das 12) “dunha proposta gastronómica destinada a sorprender á clientela cun agasallo de sabor, premiando a súa aposta polo comercio local e promovendo a difusión da nosa gastronomía”, dixo a presidenta de AEVA, adiantando que a proposta será similar en todos os comercios, con petiscos elaborados con produtos de tempada e da zona: castañas, noces, cabaza, setas, queixo, mel,… No caso dos bares, “será unha proposta única de culler e nas tendas, elaboracións adecuados para o contexto comercial”.

 

 

No Barco participan: Agricentro Terán, Ana de la Puente Perfumería, Bar Jardín, Boutique Suá, Café Bar ANJ3L, Café Bar Lisboa, Café Bar Zig Zag, Carnicería Lola, Churrería A General, Corsetería Lady’s, Cousanosa Artesanía e Decoración, El Muro del Malecón, Estanco Librería Laura, Estética Pamen, Ferretería Moncho, Librería Delia, Librería Murciego, Mercería Raquel, Miranda Moda, Multiópticas, Plantoval, Rosendo, Ton y Son, Varadero e Volaverunt. Na Rúa, o recuncho gastronómico estará en Agricentro Terán, Amaveca Comunicación, Deportes Aris, Fios, Mercería Raquel, Rosendo e Tenda de Viños Cecilia Fernández.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button