
Nos próximos días 3 e 4 de agosto, a Casa de Turismo Rural e Empresa de Turismo Activo O Trisquel de Vilanova de Trevinca, organizará as “V Xornadas do Volframio en Trevinca”. O programa incluirá ponencias de carácter divulgativo e tamén unha visita á explotación.
Este encontro abrirase o día 3 de agosto ás 20h. cunha conferencia titulada “O volframio, mineral estratéxico”, a cargo de Eduardo González Clavijo do Colexio Oficial de Xeólogos. Deseguido, intervirá Antonio Fernández “Cholo”, que leva anos rescatando a memoria da Mina de Vilanova e será precisamente nela na que centrará a súa intervención.
Xa o mércores 4 de agosto ás 10h. farase un percorrido guiado ata as Minas de Vilanova e tamén unha visita ao que será o futuro Centro de Interpretación do Volframio en Trevinca.
“Con estas xornadas pretendemos pór en valor e promocionar unha parte da historia da Veiga en relación co Volframio, mineral de gran importancia industrial e fundamental para a fabricación de armas na II Guerra Mundial, e de grande importancia no noso recente pasado”, asegura Cholo.