DeportesÚltima horaXadrez

Recupérase o Aberto Internacional de Xadrez A Rúa, cuxa 4ª edición será o 22 de xullo

Imaxe da anterior edición deste aberto de xadrez, no verán de 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Rúa retomará o vindeiro 22 de xullo o seu Aberto Internacional de Xadrez. Esta competición, que chegará así a súa cuarta edición (logo do obrigado parón pola pandemia), estará promovida polo Club Xadrez Valdeorras e desenvolverase ao aire libre, na rúa Doutor Vila.

Será un torneo que se desenvolverá en xornada de mañá e tarde, dirixido a nenos e adultos. Así pola mañá, entre as 11h. e as 13h. haberá unha sesión de “xadrez para todos” con inscricións gratuíta e no que haberá partidos amistodos entre os participantes.

Xa pola tarde, a partir das 16:30h. comezará a competición do IV Aberto Internacional de Xadrez A Rúa con prazas limitadas e un custo de 5 euros por inscrición. Haberá premios para os participantes nas diferentes caegorías.

 

Artigos relacionados

Back to top button