ConcellosO BarcoÚltima hora

Redúcense a 2 os casos activos de Covid no Barco

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Novo descenso de positivos de coronavirus no Barco. Este concello rexistra 2 casos activos de Covid-19, 2 menos que o pasado 18 de marzo, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 22 de marzo.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, mantense entre 1 e 9. A incidencia acumulada para o concello a 14 días baixa e sitúase en ≤25, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button