Galerías de fotosÚltima hora

Reencontro de ex alumnos da promoción de 1984 do Divina Pastora do Barco

Tres décadas despois de deixar as aulas do Colexio Divina Pastora, uns 35 antigos alumnos deste centro barquense volvían xuntarse para conmemorar este aniversario. Celebraban o 27 de decembro unha cea na Casa Galaica do Barco. Todos eles pertencen á promoción que saía do colexio no ano 1984, tras cursar o daquela oitavo de EXG. Nalgúns casos había décadas que non se vían as caras.

Tras este primeiro reencontro, agora preparan unha nova cita de cara ao verán no que esperan poder reunir a máis antigos compañeiros de clase.

Artigos relacionados

Back to top button