Achegar aos máis pequenos a través do teatro, e máis en concreto dos monicreques, a aqueles conceptos que permiten reflexionar sobre a igualdade entre homes e mulleres en diferentes ámbitos. Este é o eixo arredor do que se desenvolve a función teatral “Cousas da casa”, da compañía Mircromina Títeres, que poderá verse o vindeiro 16 decembro ás 17:30h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco.
O espectáculo está dirixido a un público infantil de entre 4 e 12 anos. Para poder asistir será necesario anotarse na propia bilioteca, onde haberá aforo limitado por mor do Covid, segundo adianta o Concello do Barco
Esta iniciativa forma parte da campaña de accións de sensibilización da sociedade e prevención da violencia de xénero ao abeiro ao Abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.