OurenseÚltima hora

Refórzase a colaboración Xunta-Estado en materia de xestión de zonas afectadas por incendios

Imaxe da reunión.

 

Refórzase a coordinación interadministrativa en materia de xestión das zonas afectadas polos incendios forestais e de recuperación destas áreas tras os lumes entre a Xunta e o Estado. Representantes das administracións autonómica e central reuníronse esta mañá para intensificar esa colaboración.

Na xuntanza participaron responsables do Goberno galego e dos diferentes organismos de conca involucrados. Así, estiveron, entre outros, o secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Nicolás Vázquez, os directores xerais de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, así como o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a directora de Augas de Galicia -organismo de conca adscrito á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade-, Teresa Gutiérrez.

Neste encontro, ademais dos responsables da Xunta, participaron tamén de xeito telemático representantes dos demais organismos de conca involucrados (xunto a Augas de Galicia), como son as confederacións hidrográficas do Miño-Sil e do Douro. A xuntanza serviu para intensificar a coordinación entre ambas as dúas administracións e tamén para avanzar na creación de grupos de traballo provinciais, que coordinarán nos diferentes territorios a planificación das diversas accións a realizar.

Artigos relacionados

Back to top button