DeportesÚltima hora

Regata provincial de piragüismo, o 7 de setembro na Rúa

A partires das 11h. o encoro de San Martiño será escenario da Copa Deputación Concello da Rúa

Unha das saídas da anterior edición desta regata na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na vindeira fin de semana as augas do encoro de San Martiño acollerán a quinta regata provincial da tempada. Trátase da “Copa Deputación Concello da Rúa” organizada polo Federación Galega de Piragüismo, o Club Fluvial Barco e o Concello.

Esta competición está prevista para o día 7 de setembro e as primeiras probas iniciaranse ás 11h., momento no que se darán as saídas aos cadetes masculinos e femininos e ás xuvenís, sénior e veteranas.

Entre os participantes non faltará unha ampla representación do Club Fluvial Barco en diferentes categorías.

Artigos relacionados

Back to top button