ConcellosEn portadaÚltima hora

Remata o programa formativo “Recomenda Valdeorras”

 

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) e a ruta da Cántara da Moura (A Veiga) eran os lugares escollidos para pechar a actividade formativa “Recomenda Valdeorras”, promovida dende AEVA e que se iniciaba o pasado 16 de abril. En total incluía catro rutas realizadas en dez datas diferentes e dedicadas ao patrimonio medival, ao enoturismo, á romanización e por último, á natureza.

A última das rutas celebrouse este sábado 20 de maio pola tarde, rematando uha actividade que servíu “non só para formar aos profesionais nos valores turísticos da comarca, senón para establecer sinerxías entre negocios, poñendo en contacto aos seus responsables nun contexto distendido e que implicaba convivencia e desfrute do entorno”, segundo a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).

En total, participaron máis de trinta de persoas, moitas delas de empresas asociadas a AEVA como a tenda de viños e enoloxía Cecilia Fernández, Ferretería Moncho, Modas Can Can, Adega da Pinguela, Casabella Modas, Adega Alán de Val, Apicultura O Marquesado, Acoval, Modas Toño, Librería Murciego, etcétera.

Todas elas recibirán un distintivo de “Recomendadores de Valdeorras” que poderán colocar nos negocios e estarán convidados á presentación do balance da actividade que se realizará na última semana de maio para refrozar os vínculos e planificar novas iniciativas que podan ampliar esta primeira formación.

Artigos relacionados

Back to top button