A Asociación Empresarial de Valdeorras vén de poñer en marcha co apoio do Inorde unha iniciativa para “promocionar a sostenibilidade no comercio” que comezaba na mañá deste martes 17 de setembro cun concurso de deseño de marca e slongan coa participación de escolares da comarca.
Nalgúns centros entre os que figura o CEIP Condesa de Fenosa celebrouse unha actividade de dinamización co alumnado de 5º e 6º de Primaria para “introducir os obxectivos e valores da iniciativa” conducida por Cristina de la Torre.
Esta mañá a actividade desenvolvíase no CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín e no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco; e mañá será a quenda para o Colexio Divina Pastora do Barco e o IES Cosme López da Rúa.
Fotos: Mónica G. Bellver.