A RúaConcellosÚltima hora

Rematada a vía de acceso ao futuro Centro de Saúde da Rúa

A seguinte fase será a preparación da zona axardinada que comezará proximamente

 

O novo Centro de Saúde da Rúa está un pouco máis cerca de ser unha realidade. Segundo o previsto, a finais do mes de marzo remataban as obras da vía de acceso, na rúa Arnaveca, na que ademais da estrada que xa está pintada e as beirarrúas, están xa colocadas as farolas e as sinais verticais e horizontais.

Conclúe así a primeira fase da obra, realizada pola empresa Obras e Estradas Carreira Vella, cun investimento de 130.000 euros. A segunda fase será, segundo adianta o alcalde da Rúa Álvaro Fernández, a preparación da zona axardinada na marxe esquerda dos terreos.

“Comezaremos en breve se o tempo o permite”, asegura Álvaro, adiantanto que na vindeira semana comezarán tamén as obras de remodelación do Aguillón. “O luns asinaremos a acta de replantexo e o martes empezarán”.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button