DeportesÚltima hora

Rematan as obras do “pump track indoor” en Maceda

Publicidade
A secretaria xeral para o Deporte visitou o a instalación para o adestramento de BTT na antiga nave de hípica
O responsable do CC Maceda Xulio Conde, a secretaria xeral para o Deporte Marta Míguez e o ciclista Pablo Rodríguez.

O ciclismo, e máis especificamente o ciclismo de montaña, “é para Maceda máis que un deporte xa que os éxitos recollidos polo club ciclista macedán elevan a esta disciplina á categoría de cultura e tradición”. Así o aseguraba a nova secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle na visita realizada ás obras do pump track indoor construído na antiga nave de hípica Os Secos.

A responsable autonómica do deporte galego apuntou que “para que Galicia conte cos mellores deportistas, ten que estar provista das mellores instalacións”, facendo referencia a dous dos ciclistas máis importantes que saíron desta canteira ourensá como Pablo Rodríguez ou Iván Feijóo. Nesta liña falou do convenio que permitiu a construción deste circuíto na antiga nave hípica de Maceda que foi referendado o pasado 16 de setembro polo anterior secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e mais o alcalde do Concello de Maceda, Rubén Quintáns. A Secretaría Xeral para o Deporte financiou integramente esta actuación cunha achega de 60.453,49 euros.

 

Visita da secretaria xeral de Deportes ás obras en Maceda.

“Hoxe, 19 de decembro podemos comprobar in situ o excelente estado da pista de BTT”, sinalou Marta Míguez e continuou dicindo que “grazas a esta actuación os deportistas de Maceda poden adestrar nunha instalación de primeira calidade para seguir medrando ao carón dun deporte que tan importante é para esta vila e que xa ten achegado a Galicia grandes campións”.

Artigos relacionados

Back to top button