CulturaCulturaÚltima hora

Rematan os traballos de pintado da fachada da Casa da Cultura de Quiroga

 

Na mañá deste xoves 10 de novembro o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, achegábase ata a Casa da Cultura para ver resultado dos traballos de pintado da fachada.

Con axudas económicas da Xunta de Galicia e do Plan Único estase a realizouse o lavado, a impermeabilización e o pintado das paredes exteriores do edificio.

A Casa da Cultura de Quiroga, unha edificación do ano 1992,  conta dende o pasado ano cunha nova cuberta realizada para solucionar os problemas de humidade que estaba a ter este inmoble municipal.

Neste ano, ademais do pintado da fachada tamén se instalou fibra óptica que permite un mellor servizo de internet, o que non só facilita o traballo que se realiza dende destas instalacións, se non tamén que os usuarios do servizo de ordenadores co que conta poidan navegar máis rápido.

Tamén a biblioteca, situada na planta alta do edificio, conta con novo mobiliario que permite albergar un maior número de libros de lectura e consulta.

Artigos relacionados

Back to top button