
Tres serán tres os atletas valdeorreses que acudirán esta fin de semana ao Campionato de España Absoluto de Atletismo, en Xetafe. A primeira en debutar será a barquense Belén García Arias, do Club Adas, que competirá na proba dos 400 metros valados. Será a súa segunda experiencia nun campionato de España absoluto.
Para o tamén barquense Carlos Revuelta (AD Maratón), lanzador, será o seu décimo quinto Campionato de España Absoluto consecutivo, contando inverno e verán, o que lle converte no lanzador en activo con máis finais de Campionato de España ininterrompidas. Acode coa oitava mellor marca, 63 metros e 95 centímetros, tendo difícil repetir ese cuarto posto, que xa obtivo en tres participacións anteriores, nunha proba que atravesa o mellor momento da historia do atletismo español en canto á abundancia de grandes lanzadores.

Por último, tamén o sábado, pero en horario de tarde, competirá a saltadora de lonxitude, Leticia Gil, natural de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) con serias opcións de repetir medalla. O ano pasado tivo que conformarse co 4º posto, a mesma situación que ocupa agora mesmo no ranking nacional cos seis metros e 26 centímetros, pero que xa sabe o que é subir ao podio nacional, e mesmo ser medalla de ouro.
Todas as probas poderán seguirse en streaming pola pagina web da RFEA, así como en Teledeporte.