PolíticaÚltima horaVídeos

Representantes do PP de Ourense e León analizan a situación das infraestruturas en Valdeorras e O Bierzo

 

Responsables políticos do PP de dúas provincias, Ourense e León, mantiñan hoxe unha reunión no Congreso do Deputados na que abordaban a situación das infraestruturas nestas dúas zonas. Por León participaban a deputada nacional Carmen Gonzalez Guinda, o portavoz municipal no concello de Ponferrada, Marco Morala e a concelleira e conselleira comarcal do Bierzo, Lida Coca. Por Ourense, os deputados Celso Delgado e Ana Belén Vázquez.

Fixeron unha análise da situación dos investimentos do Estado no Bierzo e Valdeorras en materia de transporte e infraestruturas de estradas (como é o proxecto da A-76 Pnferrada-Ourense e o da circunvalación do Barco, así como a mellora da N-120) e ferroviarias. Un encontro que tivo lugar na véspera da anunciada visita á Secretaria de Estado do MITMA, Isabel Pardo de Vera dos alcaldes socialistas de Ponferrada e O Barco e outros dirixentes para falar desas materias.

 

 

Os populares entenden que estes representantes “deben primeiro trasladar ao MITMA a realidade do que sucede nesas comarcas e as continuas queixas de cidadáns, colectivos sociais e sectores empresariais, que recollen a diario os medios de comunicación. E en segundo lugar reivindicar respostas efectivas e urxentes ante os monumentais malos tratos ao que o Goberno de Pedro Sánchez está a someter a Valdeorras e o Bierzo e por extensión a Ourense e León”.

 

Artigos relacionados

Back to top button