En portadaÚltima hora

Repuntan os casos activos de Covid no Barco, cun total de 27

Imaxe do centro do Barco./ Foto: A.R.

 

Malia que nos últimos días as cifras reflexaban unha estabilidade, os últimos datos comunicados neste mércores 9 de decembro polo Sergas ao Concello do Barco, indican que neste municipio hai 27 positivos, o que supón 7 máis que os rexistrados o pasado luns 7 de decembro.

Así mesmo, en canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 22, cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade. Neste municipio mantese, como no resto da provincia de Ourense (agás Xinzo de Limia e Ribadavia, con restricións medio-altas) as restricións básicas.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button