Na mañá deste luns 24 de marzo o GES rescata un home ao que atoparon caído en Lobios. Tal como indican dende o 112 Galicia, puntualizando que “foi un particular quen localizou ao implicado, un home de idade avanzada, caído nun camiño do lugar da Cela”.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos dez minutos despois das 11:30 horas. “O home atopábase semiinconsciente nunha senda que levaba á poza da Seima”, aseguraban os alertadores, sinalando asemade que “estaban a un quilómetro de distancia da estrada máis próxima”.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias alertaban a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e ao GES de Lobios. “Foron estes últimos os que finalmente se ocuparon do rescate do home, que foi evacuado ao hospital polo persoal sanitario a bordo do seu helicóptero medicalizado con base en Ourense”.