En portadaÚltima hora

Rescatados os dous feridos que caía por un barranco en Trives

Publicidade
Para axilizar o rescate o operativo de emerxencias utilizou un canal que comunica a presa de Guístolas con Montefurado

O operativo de emerxencia para rescatar aos dous ocupantes do vehículo que circulaba pola OU-536 e que caía a primeira hora desta mañá en Trives por un barranco finalizaba arredor do mediodía. O vehículo quedaba nun lugar de difícil acceso, tras unha caída duns 50 metros.

 

 

Utilizando o canal que comunica a presa de Guístolas con Montefurado, o operativo de rescate lograba facilitar a evacuación dos dous feridos, un home e unha muller.  Nel participaban membros de Protección Civil de Trives, GES Castro Caldelas, Tráfico do Barco e de Ourense, Garda Civil de Montaña e o 061.

Debido a gravidade das súas lesións, a muller foi traslada nun helicóptero medicalizado ao Hospital de Ourense, mentres que o home, con feridas de prognóstico reservado, era trasladado en ambulancia ao Hospital Comarcal Valdeorras.

Nesta intervención destacaba a impecable coordinación dos servizos de emerxencias e a colaboración dunha empresa, que estaba traballando nese momento no canal (propiedade de Iberdrola), de cara a axilizar a evuación dos feridos, que traballan no instituto trivés.

Fotos cedidas por Protección Civil de Trives e outros.

 

Artigos relacionados

Back to top button