CarballedaConcellosÚltima hora

Rescatan a unha persoa que sufrira unha caída no municipio de Carballeda de Valdeorras

 

Na mañá deste domingo 14 de maio unha persoa era rescatada tras sufrir unha caída na parroquia de Casaio, na zona de Pedra Fincada, no municipio de Carballeda de Valdeorras, segundo os datos do 112 Galicia. Tal como explican dende o servizo e emerxencias, trátase dunha persoa que “participaba nunha proba deportiva e caeu por un desnivel duns 4 metros de profundidade. O golpe provocoulle unha fractura aberta no pé coa consecuente dificultade para a mobilidade”, puntualizan.

Para facer chegar a axuda necesaria neste caso, foi imprescindible contar coa colaboración de moitos efectivos de emerxencias. Así, acudiron á zona profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Valdeorras, GES de Valdeorras, axentes da Garda Civil e “mesmo valorouse a posibilidade dos rescatadores do Servizo de Gardacostas”, din dende o 112, destacando que “entre os medios desprazados e os membros da organización da proba, puideron sacar a persoa en padiola e conducila ata a ambulancia”.

Fotos: loispradaf

Artigos relacionados

Back to top button