CulturaCulturaÚltima hora

Rescátase a figura de Xoán Plá Zubiri, un descoñecido escritor trivés

Emilio Xosé Ínsua vén de publicar un libro sobre este autor que se presentará en Trives o 14 de setembro
Cartel da presentación.

O Auditorio Julio Vázquez de Trives acollerá o vindeiro 14 de setembro, venres, ás 19:30h. a obra dun descoñecido escritor trivés: “O escritor viveirense Xoán Pla Zubiri (1874-1936)” do autor Emilio Xosé Ínsua. Neste acto contarase coa presenza escritor e Emilio Xosé Ínsua López, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, profesor de ensino público e escritor; e do alcalde trivés Domingo Diéguez.

Xoán Plá Zubiri, orixinario de Viveiro, tivo unha moi intensa relación vital, afectiva, familiar, profesional e creativa coa Pobra de Trives. Aprobou as oposicións arexistrador da propiedade e foi destinado á Pobra de Trives en 1905, onde pasou boa parte da súa vida e casou con Estrella Cortiñas, con que tivo catro fillos. Froito disto é o testemuño da súa ata agora descoñecida e completa obra literaria que aquí se publica.

Neste traballo do profesor Emilio Xosé Ínsua, composto por dous extensos e completos volumes, dase conta do conxunto da súa produción —moita directamente relacionada coas terras trivesas— e, ao tempo, rescátase unha ampla documentación do Trives de finais do século XIX e principios do século XX relativa á súa vida política, social e cultural. Ao remate da presentación haberá venda e sinatura de exemplares polo autor.

Artigos relacionados

Back to top button