A RúaConcellosÚltima hora

Restrínxese o uso de auga de consumo en parte da Rúa por un brote de gastroenterite

 

A través das redes sociais, e mediante a publicación dun bando, o Concello da Rúa vén de informar de que se restrinxe “temporalmente o uso da auga de consumo de toda a zona de abastecemento mancomunada Petín-A Rúa a calquera actividade que implique a súa inxestión ou uso alimentario ou hixiene bucal”.

O Concello da Rúa tamén matiza que na zona de abastecemento de San Estevo e Campo Grande ata o Hotel Espada pódese consumir auga con normalidade.

“Ante o brote de gastroenterite detectado na Rúa e para garantir as condicións sanitarias imos proceder a baleirar e desinfectar o depósito da Artística. Neste momento xa se iniciou o procedemento. Somos conscientes do transtorno que pode supoñer eata situación que agardamos que se resolva coa maior prontitude posible”, indica o Concello. Deste xeito búscase, “protexe a saúde e extremar as garantías sanitarias”.

 

Artigos relacionados

Back to top button