OurenseÚltima horaVídeos

Retencións na A-52 por dous sinistros viais, no termo municipal de Allariz

 

Na tarde deste domingo 3 de novembro producíanse dous sinistros viais na A-52 no termo municipal de Allariz, provocando retencións.

Tal como indican dende a Garda Civil, trátase de sendas colisións entre varios vehículos “sen feridos”, un no PK 207 (dous vehículos) e outro no PK 205 (catro vehículos) sentido crecente. “Un dos vehículos implicados é o de mantemento”, explican dende a Garda Civil, recomendando tomar a saída 202 en Sandiás e ir pola N-525.

Artigos relacionados

Back to top button