Na mañá deste xoves 27 de febreiro realizábanse traballos de limpeza na N-120 ao seu paso pola Rúa, o que provocaba retencións.
En concreto trátase do tramo próximo ao primeiro acceso á vila da Rúa (dirección O Barco-Ourense) no que unha pala está a retirar pedras caídas da montaña, sendo regulado o tráfico por un semáforo.