En portadaÚltima hora

Retencións por obras na N-120 ao seu paso pola provincia de Lugo

O asfaltado da estrada afecta neste momento a un tramo entre as inmediacións de Quiroga e Monforte

 

Continúan as obras de asfaltado da N-120, desta volta no tramo que discorre pola provincia de Lugo.

Despois do “parcheo” que afectou á comarca de Valdeorras no mes de novembro, coa chegada de decembro as obras esténdense pola provincia de Lugo, dirección Ourense. Así, na mañá do 10 de decembro, producíanse retencións despois de Quiroga e antes de chegar a Monforte de Lemos, quedando unicamente habilitado un carril, co tráfico regulado por semáforos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button