Esta mañá comezaban os traballos de retirada dos chopos da beira do Sil que se desplomaban en bloque sobre o río nas proximidades do céntrico Porto do Barca, no Barco, o pasado mércores 23 de xuño.
Esta intervención estase a realizar por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), tras a solicitude tramitada polo Concello do Barco ante este organismo. “Dende o Concello pedimos axuda á Confederación ante a dimensión das árbores e tamén ante a imposibilidade de realizar nós mesmos eses traballos. A confederación respondeu e, de feito, xa os están retirando”, explica o alcalde do Barco, Alfredo García.
Ademais, o Concello tamén solicitou que se proceda a retirar outro chopo da mesma zona do Porto da Barca que quedou en pé e que se considera perigoso, así como que se recorte a copa doutro chopo de gran tamaño situado no inicio do Paseo do Malecón, moi preto do Casino. “Non sabemos se lles dará tempo hoxe a facelo ou se terán que vir noutro momento”, indicaba Alfredo García.
Con motivo destes labores, permanecía cortada dende primeira hora da mañá o acceso ao casco vello barquense dende a rúa San Roque.
Fotos: A.R.