ConcellosÚltima hora

Reunión de alto nivel para clarificar as posicións sobre o corredor ferroviario do Atlántico, no Barco

O encontro, que contará coa presenza de Ferrán Tarradellas, representante da Comisión Europea será mañá 16 de marzo na Casa do Río Cigüeño
Estación de ferrocarril do Barco.

Mañá, venres 16 de marzo ás 10:30h. terá lugar na Casa do Río Cigüeño (O Barco de Valdeorras) unha reunión de alto nivel para clarificar as posicións con respecto ao corredor ferroviario do Atlántico, previa á reunión que a alcaldesa de Ponferrada Gloria Fernández e o alcalde do Barco Alfredo García teñen intención de solicitar ao Ministro de Fomento con carácter urxente.

Trátase dunha reunión organizada polo Eixo Atlántico e os Concellos do Barco e Ponferrada baixo o lema “Cumbre sobre o corredor atlántico Ferroviario”, e contará coa presenza de Ferrán Tarradellas, representante da Comisión Europea, de representantes da dirección xeral de ADIF, así como de Fernando González Laxe e Miguel Rodríguez Bugarín, asesores do Eixo Atlántico en materia portuaria e ferroviaria respectivamente. Tamén foron convidados os alcaldes das comarcas de Valdeorras, Lemos e Bierzo, así como representantes das asociacións empresariais destas comarcas, centrais sindicais e representantes de partidos políticos.

Artigos relacionados

Back to top button