OurenseÚltima hora

Reunión de seguridade cidadá pola presenza de xabaríns no barrio de Covadonga en Ourense

Reunión de seguridade cidadá en Ourense.

 

Na mañá deste luns 9 de xaneiro  celebrábase na sede da Subdelegación do Goberno en Ourense unha reunión sobre seguridade cidadá pola presenza de xabaríns no barrio de Covadonga. Ao encontro asistiron o subdelegado do Goberno, Emilio González; Juan Carlos Blázquez, comisario xefe provincial; Benito Fernández Santamarina, comandante da Garda Civil; Manuel Fernández Viso, subtenente do SEPRONA; Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense; Manuel Pardo, xefe territorial da Vicepresidencia 2ª da Xunta; Telmo Ucha, concelleiro de Seguridade Cidadá de Ourense; Lorenzo Ferreiro, xefe da Policía Local; e Manuel Mosquera, presidente da asociación de veciños Limiar.

O subdelegado acordou cos asistentes establecer un plan de actuacións. O Concello comprometeuse, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, ha trazar un mapa da mobilidade destes animais. As forzas e corpos de seguridade do Estado, en colaboración coa Policía Nacional, traballan en accións preventivas para evitar situacións de risco que poidan afectar os veciños de Covadonga e outros barrios afectados en Ourense. Policía e Garda Civil prestarán expresou a súa disposición para colaborar e acometer as actuacións necesarias.

 

 

O delegado provincial amosou a súa preocupación pola frecuencia coa que nas últimas xornadas estes animais se achegan ás zonas urbanas e promoveu este encontro no que participaron as distintas administracións. Gabriel Alén tamén informou do procedemento de autorización a seguir ante a Xunta por parte das grandes cidades e dos concellos da súa área de influencia para instalar gaiolas trampa en zonas periurbanas dirixidas a capturar xabarís.

O representante do Goberno galego agradeceu á Subdelegación do Goberno a súa receptividade ante un problema de seguridade cidadá que podería acadar cotas de risco para as persoas que frecuentan as rúas e os parques da zona, facendo un chamamento á cidadanía para que non se achegue a estes animais nin os alimente. Tamén incidiu na importancia de manter limpas e libres de maleza aquelas parcelas e zonas periurbanas que poden resgardar a estes animais e converterse en zonas de encame.

Artigos relacionados

Back to top button